
Ao fluxo de novas actual engádense outras opcións para explorar contidos: todos os amigos (que achega toda a información que comparten os nosos amigos), fotos (que amosa unicamente as imaxes dos nosos amigos e das páxinas das que gustamos), música (que acumula as entradas sobre a música que escoitemos) e seguindo (que recolle as últimas novas das páxinas que gustemos e os amigos que sigamos).

A implantación deste novo deseño será progresivo, aínda que os usuarios máis impacientes poden unirse á listaxe de agarda para seren os primeiros en gozar desta nova experiencia de uso de Facebook, moito máis visual que a actual, pero tamén bastante drástica, o que podería causar certo rexeitamento nos escritorios (especialmente para usuarios que non fagan uso de Facebook no móbil) como aconteceu cos cambios de deseño anteriores da plataforma social creada por Mark Zuckerberg. O novo deseño chegará a iPhone e iPad nas vindeiras semanas, para saltar a Android pouco despois.
Facebook unificará a súa interface de usuario para web, tablet e smartphone
Compartir Este Artigo
