O vindeiro sábado de 11:30 a 13:00 horas o Centro Comercial e de Ocio Espacio Coruña servirá de escenario para unha charla impartida polo experto en redes sociais e marketing en liña Javier Mosquera, que baixo o título de Quiero Ser Blogger! Introducirá aos presentes nos segredos do mundo blogueiro, para o que contará coa compañía de Raúl de SurViVe in Vogue, Alba de Monday to Friday, Inma de La Eterna Invitada e Alba de Petit & Sweet Couture.
O encontro será de entrada libre e de balde ata completar aforo.
Javier Mosquera, con formación en Física, destacou pola súa actividade como blogueiro en distintos espazos de Weblogs S.L. como Anexo M, e polo seu labor dentro da empresa corcubionesa Galinus, estando especializado en Social Media e analítica web. Tamén é un excelente comunicador, polo que é de agardar que o seu relatorio ao redor do mundo dos blogs resulta de grande interese para os que xa teñan unha bitácora ou queiran iniciar unha.
Espacio Coruña organiza un relatorio sobre a blogosfera
Compartir Este Artigo
