A semana que vén na Aula 2.5 da Facultade de Informática da Universidade da Coruña vai ter lugar unha Sesión de Desenvolvemento en Windows 8 con Azure Mobile Services, unha actividade formativa dos DotNetClubs de Microsoft que achega ao mundo académico a tecnoloxía da compañía de Redmond para facilitar aos estudantes a súa introdución á mesma.
Esta ocasión os asistentes, que para tirar un proveito completo da xornada deberán asistir cun ordenador portátil con Windows 8 e Visual Studio 2012, poderán coñecer a plataforma Windows Azure e elaborar unha pequena aplicación multiplataforma con Windows Azure Mobile Services. Tamén poderán probar un tablet Surface RT, que achega unha interface de uso e unha tecnoloxía que cada vez hai que ter máis presente no desenvolvemento de aplicacións.
A sesión de desenvolvemento será o día 20 co seguinte programa:
· 17:00 – Introdución a Windows Azure
· 17:30 – Desenvolvemento en Windows 8 con Azure Mobile Services
· 18:30 – Surface RT
Unha xornada amosará as posibilidades de desenvolvemento dos Azure Mobile Services
Compartir Este Artigo
