
Deste xeito, Google Reader, servizo activo dende 2005 e que facilitaba o seguimento na nube de blogs e páxinas web, deixará de funcionar o vindeiro 1 de xullo, instando aos usuarios a empregar a función Google Takeout se queren conservar a información almacenada no servizo. As repercusións deste peche son moi importantes, posto que neste tempo Google Reader levou á desaparición dos seus competidores máis directos, e empregouse como elemento nuclear para numerosos lectores de fluxos RSS tanto para dispositivos móbiles como para escritorios informáticos.
Por fortuna, Google avisou con tempo dabondo, e moitas compañías están a tomar posicións para captar aos usuarios que quedan sen o servizo (como Feedly, que promete que facilitará unha transición imperceptible e mesmo achega recursos para que as aplicacións que se baseaban en Google Reader poidan pasar a usar os seus servidores), movementos que no impiden que xa haxa unha campaña de recollida de adhesións para pedir que Google non peche o seu Reader, mentres que a resposta máis habitual por parte dos usuarios é a indignación polo desprezo de Google aos seus usuarios.
Outros servizos de Google que deixarán de funcionar nos vindeiros meses serán a API de CalDAV, o Google Building Maker (ferramenta para crear modelos 3D para Google Earth e Google Maps), Google Cloud Connect e a aplicación de Google Voice para BlackBerry, entre outras.
Google Reader deixará de funcionar o 1 de xullo
Compartir Este Artigo
