O cambio das normas de uso da API de Twitter establecendo limitacións aos desenvolvedores de aplicacións levou a que Tweetro para Windows 8 morrese de éxito (forzando ao nacemento de Tweetropro+ como aplicación de pagamento) deixando claro que existe unha grande demanda deste tipo de aplicacións para o último sistema operativo de Microsoft para ordenadores e tablets, o que levou a que Twitter decidise estrear un cliente oficial de Twitter para Windows 8, completamente de balde, que busca resultar familiar aos usuarios que acceden ao servizo de Twitter vía web ou a través de aplicacións móbiles, para que poidan manexar esta ferramenta dende a primeira toma de contacto.
A aplicación de Twitter para Windows 8 recibe historias, imaxes, vídeos, conversas… en tempo real dende a nosa cronoloxía, facilita seguir a persoas e intereses e aproveita a interface de Windows 8 para ter unha presentación da información moi visual (sendo compatible coa vista Snap de Windows 8, que facilita o seu uso nun lateral da pantalla; e tamén permite usar o botón de Compartir de Windows 8 para poder achegar facilmente un enderezo web ou unha imaxe aos nosos seguidores.). Dende a sección Descubre amosa novos temas das persoas ás que seguimos e outra información como as tendencias do momento e suxestións de persoas á que seguir.
Vídeo de presentación de Twitter para Windows 8
Twitter estrea aplicación oficial para Windows 8
Compartir Este Artigo

