Os interesados en coñecer o proceso de creación de aplicacións HTML5 para BlackBerry 10, dende a configuración do contorno de desenvolvemento ata a sinatura e empaquetado da aplicación para subila a App World, poderán acudir a un obradoiro de Webworks que desenvolverase o vindeiro día 16 de 16:00 a 20:00 horas no CITIC na Coruña e repetirase o día 26 de 17:00 a 21:0 horas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo.
Durante o obradoiro subminístranse dispositivos Dev Alpha para a proba das aplicacións realizadas. Recoméndase aos asistentes levar o seu propio ordenador para deixalo configurado e poder seguir a desenvolver para BlackBerry 10 unha vez rematado o obradoiro. É preciso que os equipos teñan instalado o Emulador Ripple, o SDK de WebWorks para BlackBerry 10 (ambos dispoñibles para a súa descarga na páxina web para desenvolvedores de BlackBerry) e un servidor web local.
Estas xornadas abordarán os seguintes temas:
· Introdución á plataforma BlackBerry 10
· Solicitude e configuración das sinaturas
· Rexistro como vendor en BlackBerry World
· Configuración do contorno de desenvolvemento
· Crear un Hello World
· Desenvolvemento con aspecto nativo usando bbUI.js ou jQuery Mobile
· Uso de invoke para interactuar con outras aplicacións
· Crear unha notificación
· Empaquetado da aplicación
· Subida da aplicación ao BlackBerry World
A Coruña e Vigo acollerán un obradoiro sobre o desenvolvemento de aplicacións en HTML5 para BlackBerry 10
Compartir Este Artigo
