
A última caída da cotización bolsista de Apple estaría provocada por información publicada por Cirrus Logic, fabricante de chips empregados por iPhone e iPad, que anunciou unha redución da previsión de vendas para un dos seus clientes, que entendeuse que era unha alusión a Apple, xa que a compañía norteamericana ocupa máis do 90% do seu negocio, o que podería indicar unha caída na demanda dos seus dispositivos móbiles. Dado que máis da metade dos ingresos de Apple proveñen actualmente do iPhone, o temor do mercado ante unha caída de ingresos de Apple fíxose patente, especialmente ante a fortaleza que están a acadar os seus competidores.
Cómpre destacar que os ciclos anuais que segue Apple para o lanzamento dos seus móbiles pode explicar boa parte da caída da súa demanda durante o primeiro trimestre do ano, poño que é de agardar unha recuperación durante o verán, cando coméntase que chegaría o seu novo smartphone, recuperando o calendario de lanzamentos que tiña no pasado a compañía (e que adiara varios meses por dificultades para a fabricación do modelo branco do iPhone 4, o que fixo que o iPhone 4S chegase no outono en vez de no verán).
Nos últimos meses son moitas as incógnitas sobre o calendario que seguirá Apple en 2013, pois o lanzamento do iPad mini e a renovación por sorpresa do iPad racharon as previsións, e agora non parece que o iPad vaia renovarse na data de costume á vez que moitos esperan unha renovación do iPad mini.
Forte caída de Apple no NASDAQ
Compartir Este Artigo
