
Nokia ingresou o pasado trimestre 5.850 millóns de euros, e no que respecta aos seus novos móbiles estrela, conseguiu vender colocar no mercado 5,6 millóns de Nokia Lumia, cando no trimestre anterior puxera á venda 4,4 millóns de unidades, de xeito que os seus móbiles con Windows Phone estarían a conseguir callar no mercado.
Este crecemento de vendas da familia Lumia de máis dun 27% aínda podería ir a mellor, grazas ao lanzamento do Nokia Lumia 520, que está á venda a un prezo moi axustado, podendo converterse nunha excelente opción para os usuarios que queren un smartphone cun bo rendemento e non están satisfeitos co desenvolvemento dos móbiles con Android en tal rango de prezo.
Aínda que os produtos insignia da compañía sexan os Lumia, Nokia tamén conta coa familia Asha, con dispositivos moito máis económicos, que teñen boa acollida en mercados emerxentes, dos que conseguiron colocar 5 millóns de unidades no último trimestre, mentres que a vella plataforma Symbian avanza cara a unha presenza residual con só medio millón de unidades.
Os móbiles Nokia Lumia melloraron as súas vendas máis dun 27%
Compartir Este Artigo
