Osito achega a información ao usuario a través de notificaciónsMentres o revolucionario servizo Google Now segue limitado a dispositivos con Android chega á App Store unha ferramenta chamada Osito, que preséntase como un asistente persoal que aprende as necesidades do usuario baseándose na información que es mesmo achegue (localizacións, actualizacións do calendario, correo electrónico, rutina diaria…) para poder anticiparse e resultar así de grande utilidade informando, por exemplo, dun atasco de tráfico antes dunha xuntanza (para instarnos a saír con tempo para a mesma ou a buscar unha ruta alternativa) ou incluso avisarnos do estado do tempo antes de saír a un almorzo. Osito dá información puntual mediante notificacións, pero busca ser unha aplicación pouco molesta, e no seu estado actual dá conta do estado do tráfico, de información sobre medios de transporte públicos e información meteorolóxica, que combina coa actividade do usuario, podendo entenderse como un sistema de automatización de accións baseado na localización.