
Así, no relatorio abrangueranse aspectos como as dificultades de aplicación deste concepto na vida cotiá académica e científica. Asemade, a xornada completarase cunha intervención de Davinia Hernández Leo, profesora do Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Na súa exposición (TIC para o profesor como (co-)deseñador e (co-)orquestrador de actividades de aprendizaxe), Hernández Leo salientará o rol das TIC á hora de facer máis doadas as tarefas do profesorado, achegando unha visión global das ferramentas para traballar en comunidade, así como programar actividades con alumnos sobre contornas virtuais.
Engadir que a organización das Xornadas TELGalicia lembra que o aforo é limitado. Os interesados en asistir a esta xornada poden enviar un correo electrónico con nome e apelidos a redetelgalicia@gmail.com antes do venres 2 de maio.
A piques de comezar a cuarta edición das Xornadas TELGalicia
Compartir Este Artigo
