Dende hoxe e durante dúas semanas Ourense celebra o seu Concurso de Pinchos de Sabores de Primavera, xornadas nas que pódese percorrer a cidade das Burgas descubrindo os 52 pinchos que poden degustarse en cadanseu establecemento, e para axudar á súa localización optouse pola creación dunha aplicación web con toda a información sobre o certame gastronómico: mapa, imaxes dos pinchos participantes, prezos e instrucións sobre como participar na modalidade de xurado popular e poder recibir así algún premio.
Esta ferramenta web poden funcionar así en practicamente calquera dispositivo móbil, sen precisar da instalación de ningunha aplicación, e contando tanto cos locais participantes xeolocalizados como coas imaxes e prezos dos pinchos que poden probarse nos mesmos, convidando así a pasear polos barrios de Ourense e, moi especialmente o casco vello da cidade.
A aplicación web móbil é obra de Contact Comunicación compañía detrás Orama, Felicítame.es ou da destacada aplicación móbil da Ruta do Viño da Denominación de Orixe Rías Baixas e con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia.
Unha aplicación web móbil serve de guía para un concurso de pinchos en Ourense
Compartir Este Artigo

