A App Store e Google Play contan xa coa aplicación oficial do Festival de Eurovisión, concurso celebrado anualmente dende 1956 e que capta a atención duns 100 millóns de espectadores cada ano, e que dende o móbil permite agora consultar as informacións que día a día xorden ao redor do mesmo e que, aínda que a simple vista parece unha aplicación un tanto pobre, por limitarse a ofrecer unha cronoloxía de novas con vídeos, atallos para adquirir os temas candidatos á edición deste ano e unha conta atrás para os seguimentos en vivo das semifinais e da final do certame. Pero precisamente este último elemento é o que busca ser o núcleo da aplicación, pois aspira a converterse nunha segunda pantalla durante as galas televisivas, achegando biografías dos participantes, as letras das cancións e, por suposto, os resultados do concurso.
Cando mínimo estamos ante unha ferramenta de interese para eurofans, que parece ir na liña doutros espazos televisivos que están a atopar en tablets e smartphones un xeito de complementar os seus directos a través de elementos interactivos que agora chegan en dispositivos móbiles unha vez fracasado o intento de achegar ese tipo de interaccións a través dos propios televisores.
O Festival de Eurovisión estrea aplicación para iOS e Android
Compartir Este Artigo

