Dende Turismo de Galicia aseguran que a dous días da presentación de Sendegal, a aplicación oficial móbil para iOS e Android que anima aos usuarios a percorrer os sendeiros homologados de Galicia, conseguiu 3.818 descargas, demostrando o interese espertado por este tipo de ferramenta que ten por obxectivo por en valor a práctica do sendeirismo dadas as boas condicións que teñen os destinos galegos para camiñar en contacto coa natureza, fomentando así un tipo de turismo sustentable que favorece a desestacionalización.
A aplicación quere achegar aos interesados na práctica do sendeirismo información sobre as rutas que poden percorrerse por toda a nosa xeografía, está dispoñible en galego, español e inglés e inclúe os planos (descargables) de cada un dos sendeiros homologados de Galicia. Aproveita o GPS para amosar a nosa posición nos mesmos e inclúe fotografías e outras informacións interesantes sobre cada ruta (lonxitude, tempo estimado en percorrela, nivel de dificultade e cartografía).
A aplicación móbil Sendegal acumulou 3.818 descargas en 2 días
Compartir Este Artigo

