
Esta atractiva ferramenta accede a unha base de datos de máis de 7,3 millóns de letras dispoñibles en 18 idomas, e vén de renovarse na súa versión de Windows Phone, póndose á altura das súas irmás para iPhone e Android, de xeito que agora non só localiza letras por título ou artista, ou valéndose do catálogo que teñamos no noso dispositivo móbil, senón tamén a través da identificación de cancións que estean a escoitarse ao noso redor, no máis puro estilo de Shazam, sendo incluso capaz de amosar o texto no punto da canción que estea a soar, para poder seguir a letra no que sería unha especie de karaoke espontáneo que moitos agradecerán para aproveitar este servizo para a música que boten pola radio ou poñan nalgún local no que esteamos, levando un paso máis adiante a experiencia de descubrimento musical de Shazam e Bing.
musiXmatch converte o móbil nun karaoke espontáneo
Compartir Este Artigo

