Aínda que Skype ten bastante sona como ferramenta para realizar videoconferencias, precisa da conexión simultánea dos distintos interlocutores, e para poder empregarse noutros casos está a incorporar a posibilidade de enviar mensaxes de vídeo, de xeito que desexar as boas noites aos cativos cando se está de viaxe ou felicitar o aniversario a distancia dun xeito moi persoal é preciso sen coincidir no tempo diante do ordenador ou do dispositivo dende o que empreguemos Skype.
A posibilidade de mandar mensaxes de vídeo a través de Skype está xa dispoñible de balde para as versións de escritorio da aplicación (tanto para Windows como para OS X) e as súas variantes móbiles (para iPhone, iPad, Android e BlackBerry, deixando misteriosamente fóra da ecuación a Windows Phone). Deste xeito, cando alguén abra Skype, poderá ver as mensaxes de vídeo que teña pendentes.
O uso da nova funcionalidade é doado: chega con premer no botón de vídeo mensaxe na aplicación, premer logo o botón de gravación para capturar un vídeo de ata 3 minutos que podemos revisar ou mesmo volver gravar antes enviar.
Vídeo de presentación das mensaxes de vídeo a través de Skype
Skype estrea mensaxes de vídeo
Compartir Este Artigo

