
Torus Software Solutions é unha iniciativa que busca dar continuidade ao proxectos que se veñen desenvolvendo na Universidade da Coruña dende 2011 co lema High performance computing for high performance trading. O seu obxectivo será a comercialización de solucións de software HPC (Higher Performance Computing), baseadas en Java, dentro dos sectores financeiros, enerxía, telecomunicacións ou defensa, entre outros, en contornos onde o nivel de latencia das comunicacións é un elemento crítico dentro do sistema de información e do propio negocio das compañías. “As solucións presentadas por Torus”, informa a USC, “permiten eliminar actuais limitacións da máquina virtual de Java incrementando a velocidade de comunicación e permitindo o uso desta linguaxe en contornos de HPC, obtendo altos rendementos de computación”. Torus vén da man do doutor en Física da USC, Ramón Doallo; polos doutores en Informática pola Universidade da Coruña, Guillermo López Taboada e Juan Touriño; e por Robin Harker.
No apartado de Muller Emprendedora, a proposta gañadora foi Xuntos, unha entidade dedicada á atención, formación, investigación e prestación de servizos no eido da saúde mental, constituída por un equipo multidisciplinar de profesores universitarios e persoal académico con formación de doutoramento nas áreas da Psicoloxía, a Psiquiatría, a Xerontoloxía e a Neurociencia. O obxectivo é proporcionar servizos de calidade, baseados na experiencia docente e clínica e nos resultados derivados da investigación.
Na modalidade de Empresa Nova, o premio recaeu como dixemos en Appentra, de Manuel Carlos Arenaz, Jorge Allo e Mª Rosa Vázquez, da Universidade da Coruña. Appentra, da que temos falado en Código Cero para amosar os apoios recibidos polo CDTI e a propia UDC, é unha spin-off da Universidade coruñesa, cualificada como IEBT pola Xunta de Galicia, que traballa no desenvolvemento de software de alta calidade e tecnoloxía avanzada que posibilita un uso extensivo das técnicas de computación de alto rendemento (HPC) en todas as áreas da enxeñaría, a ciencia e a industria. “Dende un punto de vista técnico”, informa a Universidade de Santiago, “o obxectivo xeral é o desenvolvemento de tecnoloxías que permitan a construción dun novo compilador auto-paralelizador fonte a fonte orientado ao mercado HPC denominado ParallWare; deste xeito búscase aumentar o grado de automatización do proceso de desenvolvemento, mellora e migración de aplicacións secuenciais aos modernos sistemas HPC baseados en procesadores multi-core e many-core”. Mediante este proxecto ponse en valor unha nova tecnoloxía disruptiva e exclusiva de Appentra, que proporciona unha solución técnica potente e moderna ao gran reto da paralelización automática de aplicación HPC.
Torus, Appentra e Xuntos impóñense no novo certame de proxectos innovadores da USC
Compartir Este Artigo

