
Smart Weather facilita que o propio usuario prognostique o tempo que vai facer a través de imaxes animadas de datos pasados (radar de chuvia, imaxes de satélite, etc.) como nas imaxes de predición para os vindeiros días, facilitando tamén que esas imaxes poidan compartirse por correo electrónico ou redes sociais.
Actualmente ofrece imaxes de radar de chuvia (de AEMET e MeteoGalicia), de satélite (de AEMET, MeteoGalicia, IPMA e NOAA), de detección de raios (de AEMET), de predición atmosférica (de MeteoGalcia) e de predición oceanográfica (de MeteoGalicia), converténdose nunha sinxela ferramenta que facilita a consulta destas imaxes dende o smartphone e o tablet. Dende Smart GalApps aseguran que irán enriquecendo o conxunto de datos dispoñible dende esta aplicación que podemos descargar completamente de balde.
Unha nova aplicación galega achega imaxes meteorolóxicas aos nosos dispositivos móbiles
Compartir Este Artigo

