
Pincus destaca que Mattrick liderou grandes proxectos no sector dos videoxogos nos últimos 30 anos (en Microsoft, Electronic Arts e Distinctive Software), estando considerado como un dos responsables de franquías como Need for Speed, FIFA e Los Sims; á vez que conseguiu que a plataforma de xogo en rede Xbox LIVE pasase de 6 a 50 millóns de usuarios activos durante a súa dirección, logros que esperan que se traduzan en futuros éxitos para Zynga, compañía á que se incorporará efectivamente a semana que vén.
Esta nova sorprende hoxe por estar considerado Don Mattrick o pai da Xbox One, o que podería indicar que deixa o seu cargo actual en Microsoft tras a nefasta xestión da presentación en sociedade da nova consola da compañía de Redmond, da que non souberon comunicar ben as bondades do cambio da política de licenzas de xogos para fomentar un maior aproveitamento da nube, o que finalmente levou a recuar en tal política (volvendo ao modelo tradicional), tras un importante dano na imaxe da futura Xbox One durante a feira E3, que rematou designando á PlayStation 4 como consola favorita para a nova xeración simplemente por aproveitar as eivas da consola de Microsoft durante a súa presentación. Dende Microsoft reaccionaron á nova da marcha de Mattrick agradecendo os seus anos de servizo.
O pai da Xbox One ficha por Zynga
Compartir Este Artigo

