Unha das características máis destacables de Windows Phone é a posibilidade de que as aplicacións que fan uso da cámara poidan integrarse coa mesma como lentes, o que Nokia aproveitou para incorporar aos seus móbiles da familia Lumia numerosas aplicacións moi atractivas que os fan destacar fronte aos seus competidores, pero estes días sorprenderon anunciando que co lanzamento en China do Lumia 925 van incorporar entre estas aplicacións pre-instaladas a popular Camera360, que actualmente pode descargarse de balde dende calquera móbil co sistema operativo de Microsoft, pero que grazas ao acordo con Nokia pode gañar moita popularidade.
Actualmente Camera360 ten máis de 100 millóns de usuarios en todo o mundo (nas distintas plataformas nas que está dispoñible) e ofrece distintos modos de cámara creativos e múltiples efectos que agradecen os que queren disparar fotografías diferentes para poder compartilas rapidamente coas súas redes sociais sen ter que editalas no ordenador. Poderiamos comparar Camera360 con Instagram á hora de realizar imaxes artísticas, coa grande diferenza de que a aplicación para Windows Phone 8 aplica os filtros e marcos a priori, permitindo a previsualización dos efectos en tempo real.
Nokia comezará a pre-instalar nos seus móbiles a aplicación allea Camera360
Compartir Este Artigo

