Ante a ausencia dunha aplicación oficial para xestionar páxinas de Facebook baixo Windows Phone, ImaginationOverflow comercializa por 1,99 euros a ferramenta FB Pages Manager (que tamén conta cunha versión de balde con publicidade e varias opcións bloqueadas) que facilita operacións nas nosas páxinas como actualizar, eliminar, compartir e facer comentarios sobre o estado das páxinas, actualizar fotografías, enviar/recibir mensaxes e responder aos comentarios. Tamén permite ver as estatísticas e consultar os Gústame das páxinas.
A aplicación non se limita a estar deseñada cunha interface na liña de Windows Phone, senón que tamén aproveita algunhas das súas prestacións diferenciais, como o feito de poder recibir notificacións cando a aplicación non estea aberta ou poder ancorar as páxinas no menú de inicio do móbil.
Unha aplicación facilita a xestión de páxinas de Facebook dende Windows Phone
Compartir Este Artigo

