A aplicación de mensaxería instantánea Viber, pese a non conseguir a visibilidade de WhatsApp e LINE, é unha boa alternativa a esas plataformas e continúa a renovarse para poder destacar como solución multi-plataforma. Deste volta toucoulle á aplicación para Windows Phone 8 renovarse á súa versión 2.3, que destaca por incluír etiquetas adhesivas no seu sistema de mensaxería (como tamén fan LITE e Facebook) para animar as conversas. Esta novidade tamén chega ás versións de escritorio da aplicación de Viber, conseguindo así unha mellor integración entre estas ferramentas.
Viber permite intercambiar mensaxes de texto e ficheiros multimedia, realizar chamadas a través de voz sobre IP (tanto por Wi-Fi como por 3G), utiliza o número de teléfono como identificador e tamén permite establecer conversas entre ata 40 participantes, prestacións que levaron a esta plataforma a superar os 200 millóns de usuarios e a aplicación para Windows Phone está a rexistrar medio millón de descargas ao mes.
Polo momento descoñécese cando chegará a aplicacións a Windows Phone 7.x.
Viber incorpora os adhesivos á súa aplicación para Windows Phone 8
Compartir Este Artigo

