A xuíza Denise Cote de Manhattan atopou evidencias de que Apple violou a lei federal anti-monopolio ao xogar un papel central nunha conspiración cos editores para eliminar a competencia de prezo nos establecementos comerciais e elevar os prezos dos libros electrónicos. Esta decisión xudicial, que parte da reclamación do Departamento de Xustiza dos EE.UU. e de 33 estados, podería supor un imporante golpe para Apple, por considerarse culpable de subas de prezo que nalgún caso chegou a 12,99 ou 14,99 dólares (cando Amazon vendía antes eses volumes electrónicos a un prezo de 9,99 dólares).
Cote entende que o papel de Apple nesta conspiración para elevar os prezos dos e-books foi necesario, de xeito que tal política de prezos non sería posible sen tal orquestración. A resolución da xuíza beneficiará a millóns de consumidores que len libros en formato electrónico, e queda agora por coñecerse os datos que fixará o tribunal, aínda que Apple xa anunciou que apelará a tal decisión xudicial, polo que esta historia aínda estaría lonxe de rematar.
Dende Apple deféndense negando as acusacións e asegurándose que limitáronse a “dar aos consumidores máis opcións, engadindo unha moi necesaria innovación e competencia no mercado” para rachar co que consideran que era unha posición monopolística de Amazon sobre o sector editorial; aínda que entre as evidencias presentadas ante o tribunal figuraban correos electrónicos de Steve Jobs ao executivo de News Corp, James Murdoch, nos que figuraban as súas intencións de elevar os prezos dos e-books.
Consideran culpable a Apple de conspirar para subir os prezos dos e-books
Compartir Este Artigo
