A aplicación de mensaxería instantánea para móbiles líder no mercado, WhatsApp, provocou certas polémicas nos últimos meses sobre o seu modelo de negocio, por ser de pagamento para iPhone e de balde durante un ano para o resto de plataformas (pagando despois unha cota anual), e finalmente a aplicación para móbiles de Apple actualízase con grandes cambios entre os que figura a súa transformación en aplicación de balde, de xeito que os novos usuarios da aplicación terán que pagar 0,99 dólares ao ano para poder gozar do WhatsApp, mentres que os usuarios actuais continuarán a gozar dunha licenza vitalicia da aplicación.
Pero os cambios non quedan aí, senón que o WhatsApp Messenger tamén estrea a opción de facer copias de seguridade do historial de conversas de WhatsApp en iCloud (para que ao reinstalar a aplicación non se perdan os datos), inclúe a posibilidade de enviar varias fotografías á vez e tamén introducen novidades na súa API para mellorar a súa comunicación con aplicacións de terceiros.
WhatsApp pasa a ser unha aplicación de subscrición en iPhone
Compartir Este Artigo

