Cartel do Resurrection Fest deste anoO Resurrection Fest vai levar aos afeccionados á música heavy metal, punk rock e hardcore de Galicia a desprazarse ata Viveiro durante os días 1, 2 e 3 de agosto para poder gozar en vivo de actuacións de grandes bandas como Slayer, Bad Religion ou Lamb of God e moitos outras formacións musicais que conformarán un espectáculo sonoro de luxo que, para os que non poidan achegarse ata alí, tamén poderá seguirse a través da Internet grazas ao traballo da Fundación TIC e, concretamente, dos alumnos da súa Escola de Imaxe e Son, que encargaranse dos contidos das pantallas xigantes dos 3 escenarios sitos no campo de fútbol de Lavandeiras, transmitirán os concertos en vivo e tamén facilitarán o acceso a través da Internet a entrevistas coas bandas participantes. A colaboración da Fundación TIC contribuirá a unha maior difusión internacional deste importante festival, que espera xuntar a máis de 30.000 persoas ás que recomendamos que, para estar ao día de todo o que se move ao redor do evento, instalen no seu móbil a aplicación oficial do mesmo, actualmente dispoñible de balde para iPhone e para móbiles con Android.