
Para poder botar un ollo a estas ferramentas, que chegan como aplicacións diferentes segundo a ruta elixida para facer o Camiño, temos de balde a aplicación para iPhone e para Android da Vía da Prata; mentres que o resto de percorridos poden descargarse tras pagar 2,99 euros para a súa versión para Android e 3,59 euros no caso da aplicación para iOS, estando xa dispoñible as do Camiño Francés (para iOS e para Android), o Camiño Portugués (para iOS e para Android) e o Camiño Sanabrés (para iOS e para Android).
As aplicacións están dispoñibles en español, inglés, francés italiano e alemán e permiten a activación do GPS do móbil para facilitar a nosa posición nos tramos do Camiño.
IndependenTrip achega distintas rutas do Camiño de Santiago a través de aplicacións móbiles
Compartir Este Artigo

