A semana pasada o servizo Google AdSense estreou aplicación de balde para Android 4.0 ou superior, para facilitar un acceso rápido e doado aos datos clave das contas desta plataforma publicitaria de Google, e agora vemos como a App Store recibe unha ferramenta análoga para iPhone, compatible con dispositivos con iOS 6.0 ou posterior que, aínda que está optimizada para iPhone 5, é compatible con dispositivos bastante anteriores como o iPhone 3GS.
A aplicación de AdSense para iPhone permite consultar unha estimación dos ingresos xerados por publicidade, unha listaxe das principais páxinas web que xestionemos, unha listaxe coas canles personalizadas que xeren máis ingresos e alertas de pagamentos, o que parece un bo comezo para esta aplicación que aínda está na súa primeira versión, polo que é de agardar que nos vindeiros meses vaia progresando en función das esixencias dos seus usuarios.
Google AdSense estrea aplicación para iPhone
Compartir Este Artigo

