O nome do español Bernardo Hernández estivo moito tempo ligado á marca Google, compañía na que desempeñou distintos cargos de responsabilidade, encabezando a súa delegación español, dirixindo o servizo de mapas e, máis recentemente, dirixindo a empresa Zagat na súa integración cos produtos de Google, pero a pasada noite anunciou que mudaba de empresa, para pasar a traballar para Yahoo!, concretamente na dirección de Flickr.
Esta decisión non debería ser moi sorprendente se entendemos que a actual presidenta e directora xeral de Yahoo! é Marissa Mayer, quen fora durante bastante tempo directiva e voceira de Google, compañía na que está a pescar moitas das súas fichaxes nos últimos meses (como Henrique de Castro, Andrew Schulte e Anne Espiritu).
Hernández chega agora a unha compañía que está a reinventarse para sobrevivir nun contorno altamente competitivo, que demostrou o seu propósito de mellora ao adoptar un novo aspecto visual en Flickr e ofrecer 1 Tb de almacenamento de balde aos seus usuarios.
O español Bernardo Hernández ocupa a dirección de Flickr
Compartir Este Artigo
