As posibilidades do Chromecast presentado por Google a finais de xullo son moi prometedoras por supor un interesante e cómodo xeito de levar os contidos da Internet ao televisor, pero os desenvolvedores están a tirar cada vez máis proveito desta tecnoloxía e veñen de publicar en Google Play unha aplicación chamada CheapCast, que clona o funcionamento do novo dispositivo de Google, de xeito que a reprodución multimedia pode realizarse nun tablets ou móbil con Android en vez de no televisor, aínda que iso tamén pode resultar moi práctico para usuarios que teñen dispositivos con Android conectados ao seu televisor, de xeito que poden gozar xa das aplicacións adaptadas a Chromecast sen ter que mercar o trebello nin tendo que agardar a que chegue ao noso mercado.
Aínda que esteamos ante unha versión de proba de CheapCast resulta unha ferramenta moi atractiva, tanto para probar a utilidade real de Chromecast antes da súa compra como para non verse atado a un dispositivo en concreto para poder facer uso das súas posibilidades.
Demostración do funcionamento de CheapCast
Unha aplicación para Android emula o funcionamento de Chromecast
Compartir Este Artigo

