Na tenda de aplicacións para móbiles con Windows Phone 8 hai numerosas aplicacións que facilitan a comprobación do nivel de carga da batería do dispositivo, sendo boa parte das mesmas de pagamento, pero unha das que ofrécese de balde, Battery Pro+, está a sorprender porque, pese a estar desenvolvida por Wunderman Polska, figura como “Powered by Nokia”, polo que podémola considerar case como unha aplicación oficial para os smartphones da familia Lumia, o que pode disparar a popularidade desta práctica ferramenta.
Con Battery Pro+ non só podemos comprobar o nivel de carga actual en porcentaxe, senón que a aplicación tamén calcula o consumo que facemos da batería nunha hora, estima o tempo de carga que queda e rexistra o uso da batería das últimas 48 horas, datos que resultan interesante á hora de analizar os usos que provocan un maior consumo de batería.
O mesmo editor ten moitas outras ferramentas “Powered by Nokia” dignas de mención, como Flashlight Pro+ (que emprega o flash da cámara do móbil a xeito de lanterna), Level Meter Pro+ (que aproveita os sensores do móbil para facer de nivel), Stopwatch Pro+ (completo cronómetro) ou mesmo Egg Timer Pro+ (curioso asistente para cocer ovos).
Battery Pro+ permite comprobar o nivel de batería dos móbiles con Windows Phone 8
Compartir Este Artigo

