En xuño de 2006 Microsoft anunciou que iniciaba un plan de transición para que Bill Gates puidera deixar as súas responsabilidades na compañía para centrase na Fundación Bill & Melinda Gates, e hoxe é o seu compañeiro e fundador, Steve Ballmer, o que anuncia que retirarase en 12 meses, mantendo o seu cargo de director xeral ata que se complete o proceso de elección do seu sucesor, de xeito que os cambios organizativos que nos últimos meses viviu Microsoft, que comezaran a ter certa visibilidade coa marcha de Steven Sinofsky e a fichaxe de Don Mattrick por parte de Zynga, e que incluso fixeron a figura de Julie Larson-Green ascendese dentro da compañía de Redmond ata dar a entender que podería ser a sucesora de Ballmer.
Ballmer asegura que “non existe o momento perfecto para este tipo de transición, pero agora é un momento axeitado”, lembrando que están a vivir uns momentos de cambio tanto nas súas cabezas visibles como na orientación da empresa, que agora centrarase máis en produtos e servizos dirixidos ás persoas, atendendo ás novas demandas do mercado. Engade que “precisamos dun director xeral que estea a longo prazo para esta nova dirección”.
Para guiar este proceso de transformación a Xunta Directiva de Microsoft nomeou unha comisión especial dirixida por John Thompson, e na que inclúe a figuras como Bill Gates, Chuck Noski e Steve Luczo, e terán en conta tanto a candidatos de dentro da compañía como de fóra.
Steve Ballmer abandonará a dirección de Microsoft antes dun ano
Compartir Este Artigo

