Aínda que Foursquare é un nome que temos normalmente asociado aos smartphones, dado que esta ferramenta está baseada no xeoposicionamento, a diversidade de dispositivos que podemos levar agora enriba e incluso a posibilidade de consultar información de interese nesta rede social de grande interese para localizar lugar atractivos dende un equipo de escritorio levou a que estreasen aplicación na Windows Store, de xeito que tanto tablets con Windows RT como equipos con Windows 8 poden acceder a todo este universo de recomendación xeolocalizadas que actualmente conta con máis de 35 millóns de usuarios.
Esta aplicación de balde achega recomendacións en canto a abrimos, permite ver os establecementos que están de moda (os mellores no noso contorno ou os que abriron recentemente); permite buscar por palabras chave; facilita enderezos, horarios fotografías e outras informacións de interese dos establecementos listados; permite gardar lugares en listaxe; facilita a consulta dos comentarios feitos en Foursquare polos nosos amigos; permite gustar dos lugares que visitan os nosos coñecidos; permite facer check in sen interromper a navegación de localización e adáptase aos gustos do usuario en función dos lugares nos que fai check in con máis frecuencia.
Foursquare estrea aplicación para Windows 8/RT
Compartir Este Artigo

