[Hai un par de semanas Microsoft anunciou que xa rematara o desenvolvemento de Windows 8.1, actualización de balde do seu último sistema operativo para equipos informáticos que comezaba así a distribuírse entre fabricantes de hardware, para non chegar ata o público xeral o 17 de outubro, o que molestou a numerosos desenvolvedores, que esixían a última versión do sistema operativo para poder comprobar o bo funcionamento das súas aplicacións, demanda que vén de ser atendida, de xeito que os profesionais subscritos a MSDN ou TechNet poderán acceder á versión normal e profesional de Windows 8.1, aínda que a versión corporativa non se distribuirá ata finais de mes.->]
Para os desenvolvedores tamén están a distribuír a versión candidata de Visual Studio 2013, facilitando así o desenvolvemento e a proba de aplicacións para Windows 8.1.
Windows 8.1 xa está dispoñible para desenvolvedores
Compartir Este Artigo
