Telefónica presentou esta semana Telefónica Studios, a súa produtora global de contidos audiovisuais dirixida a centralizar baixo a marca todos os proxectos nesta materia que produza a compañía, entre os que se contan para os vindeiros tres anos anos ata 25 longametraxes e varias series de televisión. A iniciativa, presentada no marco do 61 Festival Internacional de Cinema de Donostia (co-patrocinado por Movistar TV), ten tamén o obxectivo de meterse de cheo en mercados internacionais europeos e americanos.
Arestora, Telefónica Studios xera unha produción que oscila entre dez e doce filmes anuais, “case a mesma cantidade de proxectos que xeran varios dos grandes estudos de Hollywood”, informou a operadora de telecomunicacións, que tamén lembrou que a súa aposta polo audiovisual vén de antigo. Por exemplo a través da actividade das divisións Telefé, Telefónica Media Networks e Telefónica España apoiando a creación de filmes e diversas series de TV. Entre eses proxectos atópanse películas como O segredo dos seus ollos, As aventuras de Tadeo Jones e Un conto chinés.
Por certo que Ignacio Fernández, director global de Contidos de Telefónica Dixital aproveitou a presentación de Telefónica Studios no Festival de Cinema de Donostia para lembrar que “a compañía, produce e achega aos consumidores as películas e series máis atractivas e coa mellor relación calidade-prezo do mercado a través de Movistar TV, a marca da mellor oferta de TV do mercado: deportes, series e cinema, con todo o valor engadido da gravación remota de programas, a xeración de bibliotecas persoais ou consumo en dispositivos móbiles.
Telefónica presenta en Donostia o seu selo global de contidos audiovisuais
Compartir Este Artigo
