Cada vez son máis os móbiles que permite o uso das súas dúas cámaras de xeito simultáneo como un xeito diferente de retratar a realidade conversando unha dobre perspectiva, o que agora tamén pode facerse dende os dispositivos con Windows Phone 8 grazas á aplicación de balde DualShot, que permite completar as fotografía que tomamos coa cámara cunha vista do propio usuario a través da cámara frontal e mesmo facilita a aplicación de filtros para as instantáneas que rexistremos.
Esta nova aplicación inclúe a posibilidade de compartir de xeito nativo as nosas fotografías a través de Facebook e Twitter, permite exportar as imaxes a aplicacións que teñamos instaladas e incluso pode colocar as fotografías na pantalla de desbloqueo do móbil. Unha interesante ferramenta que é posible grazas ao uso do Nokia Imaging SDK (biblioteca de programación que facilita o acceso a funcións de procesamento de imaxes, mapas e música para terminais con Windows Phone 8).
DualShot permite empregar simultaneamente as dúas cámaras dos móbiles con Windows Phone 8
Compartir Este Artigo

