Nokia está a ter interese en continuar a explotar a súa plataforma de mapas HERE ao máximo, e aparte de localizar lugares e ofrecer navegación GPS dende o móbil de balde tamén quere aproveitar a localización de negocios locais, polo que estrea HERE Explore, aplicación que polo momento é exclusiva para Windows Phone (e con limitacións xeográficas) que pretende achegar recomendacións de establecementos ao noso redor, informando da situación dos locais, valoracións dos mesmos, fotografías… de xeito que cando busquemos un lugar onde ir xantar, durmir ou saír de festa teremos unha boa selección na palma da man.
Esta ferramenta aínda está pouco madura, ofrecendo no caso español información principalmente achegada de PaginasAmarillas.es, e combinando as opcións de busca local coa tecnoloxía de Vista Urbana e mesmo co cálculo de ruta (a pé, en coche ou en transporte público) a través de HERE Maps. Os establecementos preferidos tamén poden gardarse dentro desta aplicación que é de agardar que se espalle internacionalmente en breve, e que podería chegar tamén a iOS (como HERE Maps).
HERE Explore quere axudarnos a atopar locais ao noso redor
Compartir Este Artigo

