No mes de agosto MeteoGalicia puxo en funcionamento a aplicación móbil MeteoRoute na súa versión para iOS, que facilita a predición meteorolóxica para rutas, o que resulta de grande utilidade para a planificación de viaxes de distinto tipo (coche, barco, bicicleta e sendeirismo) e que finalmente chega a dispositivos con Android. A aplicación desenvolveuse no marco do proxecto RAIA.co.
Con MeteoRoute, os usuarios poden crear as rutas indicando a orixe e fin e seleccionando os lugares de paso sobre o mapa na pantalla. Ademais, poden importar rutas xa existentes dende ficheiros ou empregar percorridos habituais gardados como favoritos e que cada vez que se consultan amosan a predición actualizada.
Unha vez seleccionada a ruta, a aplicación achega a predición detallada para cada punto da ruta. Ademais, o usuario pode seleccionar a hora de inicio da ruta comodamente e a aplicación calcula automaticamente as horas de paso polos seguintes lugares. No caso das rutas en barco, dito calculo faise indicando a velocidade media deste.
Desde a súa posta en marcha preto de 900 persoas descargaron MeteoRoute nos seus dispositivos móbiles.
MeteoRoute estrea versión para Android
Compartir Este Artigo

