
O contrato tamén establece, entre outras cousas, a creación dun boletín para enviar tanto a axentes de viaxe como particulares, a edición dun folleto para distribuír nas feiras, ademais das bases de datos propias de clientes directos da axencia arousá, operadores de turismo, colectivos e empresas en todo o territorio nacional e internacional, “facendo especial fincapé nas áreas onde se detecte maior demanda”.
Volvendo ao famtrip desta fin de semana, dicir que a súa finalidade é acadar un mellor coñecemento da Mariña lucense e unha relación máis próxima entre operadores, hostaleiros e axencias, mellorando a comercialización nun futuro. A viaxe comeza este venres día 8 de novembro no Parador de Ribadeo, e os participantes serán recibidos polo presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, Alfonso Fuente Parga. Logo presentaranse o destino e o produto, e a continuación celebrarase unha cea no restaurante local San Miguel.
A directora de Tee Travel, Mar Rodríguez Meseguer, resaltou a oferta cultural, natural, paisaxística, gastronómica e etnográfica da devandita comarca da provincia de Lugo que, segundo dixo, “converte o destino nun elemento diferencial dentro da oferta turística galega”. Con motivo do acordo asinado e da xira que comeza agora, incidiu tamén nalgúns dos recursos únicos da Mariña e tamén no feito de que a maior web de viaxes do mundo, Tripadvisor, teña recoñecido a Praia das Catedrais como a segunda mellor praia de Europa e a sexta mellor praia do mundo.
A firma arousá Tee Travel lánzase a promover os encantos da Mariña na Rede
Compartir Este Artigo
