
O documento publicado na páxina web da ICANN recolle que o .gal nace para servir á comunidade lingüística e cultural galegas, e establece que este grupo está formado por aqueles que “usen ou comprométanse a usar o galego nas súas comunicacións en liña, ou promovas os diferentes aspectos da cultura galega na Rede ou dirixan especialmente as súas comunicacións e servizos a esta comunidade”.
Agora a Asociación PuntoGal inicia unha serie de probas técnicas obrigatorias antes da apertura do rexistro de dominios, que agárdase que se realice a primeiros de 2014. O que servirá para que as páxinas web poidan identificarse cun sufixo .gal, o que contribuirá a prestixiar á nosa socidade, cultura e lingua na Internet e incluso podería contribuír ao seu posicionamento na web.
A nivel económico o .gal tamén servirá para que parte dos cartos que actualmente se destinan a outros dominios como o .com ou o .net queden en Galicia, revertendo na nosa sociedade, xa que a Asociación PuntoGal é unha entidade sen arela de lucro, que reinvestirá os seus beneficios en fomentar o galego nas TIC.
ICANN asina o contrato de creación do .gal
Compartir Este Artigo

