
Darase acubillo a máis de 800 persoas (as inscritas oficialmente) máis un número indeterminado (que de seguro será alto) de asistentes en xeral. O evento, soubémolo esta semana, conta co apoio directo da Fundación TIC. Este apoio materializarase, entre outras, na participación da xuntanza de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son de Lugo, co apoio do persoal técnico da Fundación TIC (que realizarán a emisión en streaming da festa a través de intergalnet.com, que tamén poderá seguirse in situ a través de dúas pantallas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo). A colaboración da Fundación inclúe a elaboración dunha reportaxe, a edición dun DVD divulgativo e a rodaxe dunha curta durante a celebración do evento. Asemade, da man desta entidade pertencente á Deputación Provincial, sinalar que xa hai no YouTube e nas redes sociais dende hai días, dispoñibles para a comunidade internauta, dous vídeo-anuncios de promoción do encontro, un lanzado a finais de setembro e outro hai arredor de un mes. 
Volvendo ao miolo da xuntanza en cuestión, dicir que se dirixe a sacarlle punta a dúas temáticas de gran interese para a nosa mocidade: as redes e os videoxogos (cousas como FIFA 14, Call of Duty: Black Ops 2, StarCraft 2, League of Legends e Gran Turismo 5, que servirán de escusa para un completo programa de torneos). Por certo que InterGalNet estará ligada á Internet cun caudal de 10 Gbps, asegurando unha conectividade máis que óptima para os usuarios. Lembrar que amais dunha LAN Party tradicional, InterGalNet tamén dará acubillo a unha zona de acampada, unha zona de lecer-espectáculo e espazos para actividades de paintball, exposicións e simuladores. Asemade, ao longo das tres xornadas nas que se desenvolve o encontro, probaranse in situ algunhas das principais novidades do eido dos videoxogos (produtos, consolas) e da informática de lecer, constituíndose en adianto do que vai deparar o mercado os días seguintes (a campaña de Nadal). A xuntanza está organizada pola devandita Fundación e apoiada por un bo número de empresas e institucións galegas, entre as que se contan Intermax, Ozone ou Disco Azul.
Todo listo para o comezo de Intergalnet no Pazo de Feiras de Lugo
Compartir Este Artigo
