O servizo encabezado por Kim Dotcom para tomar o relevo de Megaupload, MEGA, tras estrear un cliente oficial para Android o pasado verán, achegou nas últimas horas unha aplicación para iPhone que facilita o acceso aos seus contidos dende o móbil, aproveitando así os 50 Gb de balde que dá o servizo (que tamén conta con opcións de pagamento con maior capacidade, podendo xestionase o pagamento de tal subscrición a través da propia aplicación).
A aplicación para iPhone facilita o acceso aos cartafoles e documentos que teñamos almacenados en MEGA. Aparte de visualizar os arquivos, tamén poderemos movelos, mudar o seu nome ou compartilos, así como gardalos en local ao noso dispositivo móbil. Esta ferramenta resulta especialmente atractiva para gardar fotografías, contando coa posibilidade de poder activar a subida automática de fotografías (para gardar as imaxes que tomemos no móbil na nube).
MEGA estrea aplicación oficial para iPhone
Compartir Este Artigo

