
Ao comparar o Surface 2 co iPad Air dende Microsoft destacan que o seu tablet pode amosar películas en Full HD sen desaproveitar espazo de pantalla (xa que adopta unha relación de aspecto 16:9), conta un porto USB 3.0 (para poder conectar dispositivos e cargar), empregar o Office de Microsoft (e non aplicacións ofimáticas alternativas menos completas), poder ver contidos en liña que empreguen tecnoloxía Flash, utilizar funda-teclado con touchpad que converte o tablet nunha especie de ordenador portátil, gozar dunha peaña integrada (para poder colocar o dispositivo dereito sen ter que empregar accesorios adicionais), poder compartir o trebello con varios usuarios (contando con funcionalidades de control paterno) e facer uso da multi-tarefa incluso a pantalla partida; características que no seu conxunto constrúen unha boa solución que fan posibles escenarios realmente curiosos como o uso do tablet mentres se cociña (onde supera claramente ao iPad por facilitar o seu control sen contacto):
Na mesma liña iría a comparación entre o Surface e o Samsung GALAXY Tab 10.1”, co que a distancia sería máis curta, gañando o dispositivo de Microsoft en detalles como a súa peaña traseira, o contar cun porto USB 2.0 de tamaño completo (non tendo que precisar dun adaptador para, por exemplo, conectar unha unidade de memoria USB), as funcións multi-usuario e, especialmente, por poder gozar do Office.
Pero igual resulta máis curioso que Microsoft queira comparar o seu Surface Pro 2 cun dos portátiles estrela, o MacBook Air, ao que din superar por contar cunha pantalla táctil, por poder prescindir do seu teclado, por poder utilizar un lapis dixitalizador sensible á presión na súa pantalla, por gozar dunha pantalla Full HD (o Air só ten unha resolución de 1.366 x 768 píxeles), por gozar dun Office totalmente funcional (lembremos que o Office de OS X ten limitacións como carecer do corrector ortográfico de galego), poder gozar de xogos para PC e ter cámara traseira. Temos así 2 equipos cunha potencia semellante, polo que pode resultar abraiante ver como a proposta de Microsoft achega unha maior versatilidade a un prezo menor, o que podería convencer a certos usuarios que buscan unha completa solución para as súas actividades profesionais e de lecer en mobilidade.

