Hai cousa dun ano o experimento social de Microsoft Research, Socl, abriuse ao mundo, facilitando compartir contidos de interese entre os seus usuarios, así como facer xuntanzas en liña, e pese a non ter acadado relevancia algunha, esta plataforma atrévese a saltar aos móbiles a través de novas aplicacións que chegan agora a iPhone, Android e Windows Phone 8.
Estas novas ferramentas facilitan a creación de composicións gráficas e divertidos memes en segundos, compartir as nosas creacións en Socl (e outras redes sociais), responder graficamente a outros contidos, compartir fotografías en Socl, recibir notificacións sobre a actividade da comunidade sobre o contido que sexa do noso interese, organizar o contido do noso gusto en coleccións e conectar con novas e interesantes persoas de todo o mundo.
Queda agora agardar para ver se esta aposta móbil favorece o uso de Socl.
iOS, Android e Windows Phone 8 reciben clientes oficiais para Socl
Compartir Este Artigo

