Aínda que Twitter é unha das principais plataformas de comunicación pública dende dispositivos móbiles, para o intercambio de información en privado está a perder pulo, e iso parece que levou aos seus responsables a incorporar unha funcionalidade que leve aos usuarios a non optar por alternativas como WhatsApp, Facebook ou SnapChat, a posibilidade de remitir fotografías a través de mensaxes directas. Deste xeito, os usuarios poderán intercambiar fotografías en privado, dun xeito cómodo e áxil (as imaxes poden verse directamente nas conversas privadas).
As aplicacións móbiles para Android e iOS de Twitter xa incorporan esta nova posibilidade, xunto con outras interesantes funcionalidades, como a opción de poder ver só as respostas, rechíos e favoritos das xente que seguimos (en iOS) e a posibilidade de recibir notificacións push das persoais que máis nos importen (en Android) para o que só haberá que marcar un perfil como favorito (de xeito que recibiremos un aviso con todas as súas publicacións).
Twitter por fin permite intercambiar fotografías en privado
Compartir Este Artigo

