A 2 semanas para
o apagamento analóxico na área técnica de Santiago de Compostela, a oficina
técnica da TDT de Galicia comunicou ao Concello de Negreira a posta
en marcha do primeiro dos microrreemisores dixitais previstos para cubrir as
zonas de sombra do rural da vila, que estará sito no centro de Niñarelle,
beneficiando a 380 habitantes das parroquias de Campolongo e Alvite.
Comeza a activación de microrreemisores de TDT en Negreira
Compartir Este Artigo
