Que na App Store
de Apple hai milleiros de aplicacións non é ningunha sorpresa, pero o volume de
vendas que chega a acadar algunha compañía si pode deixar abraiado a calquera,
e parece que Gameloft
o consegue, pois esta empresa especializada en videoxogos anunciou que superou
os 10 millóns de descargas de pago dende a creación da tenda de
aplicacións en xullo de 2008 (á que incorporaron 55 xogos nese tempo).
Gameloft supera os 10 millóns de xogos vendidos para iPhone/iPod Touch
Compartir Este Artigo
