A aplicación de WhatsApp para Windows Phone vén de recibir unha actualización moi importante, que a sitúa á altura do resto de plataformas móbiles ao incorporar funcionalidades como a posibilidade de compartir ata 10 imaxes dunha vez ou enviar vídeos pre-gravados, suplindo así unha importante carencia histórica desta ferramenta (que só enviaba vídeos gravados dende a mesma ou procedentes doutros usuarios).
A actualización de WhatsApp para o sistema operativo móbil de Microsoft tamén inclúe a posibilidade de gardar os vídeos recibidos e facilita a migración dunha conta de WhatsApp a un novo número de teléfono (o que agradecerán os que teñan que mudar de numeración telefónica). Tamén corrixiu varios fallos e mellorou o seu rendemento.
WhatsApp por fin pode enviar vídeos pre-gravados en Windows Phone
Compartir Este Artigo

