Ao igual que Microsoft lanzou hai uns meses un asistente para facilitar a creación de aplicacións para Windows Phone sen coñecementos de programación, agora estea na Tenda de aplicacións de Windows 8.1 o Project Siena, ferramenta que permite construír aplicacións para a interface táctil de Windows 8.1 dun xeito moi doado, no que poder incrustar contidos multimedia e fontes de datos diversas (Excel, Azure, RSS…) cun elegante acabado e xerando aplicacións que poderán correr tanto en Windows 8.1 como en Windows RT 8.1.
O Project Siena de Microsoft aínda está en fase beta, e para que os usuarios poidan facerse unha idea do potencial deste creador de aplicacións, na páxina web do proxecto figuran diversos exemplos, como un catálogo dunha tenda de produtos deportivos que incluso conta cun vídeo no que explica como foi o desenvolvemento desta aplicación.
Este tipo de solucións contribúen á proliferación de aplicacións para o sistema operativo de Microsoft, á vez que achega a posibilidade de crear aplicacións a usuarios que habitualmente non terían os recursos para desenvolver os seus propios proxectos informáticos.
Microsoft publica un sinxelo creador de aplicacións para Windows 8.1
Compartir Este Artigo

