
Esta aplicación de balde presenta as novas destacadas na súa sección En Titulares, das que podemos profundar nos detalles, podendo ver un texto que a describe xunto cun vídeo que podemos ver sobre a descrición ou a pantalla completa se colocamos o móbil en horizontal. Tamén podemos explorar os contidos da aplicación organizados segundo o programa de Euronews nos que se emiten ou a través de distintas categorías (novas, cultura, negocios, Europa, ciencia e tecnoloxía e medio ambiente).
Nos vindeiros meses a aplicación recibirá novos programas e funcións: Euronews TV en directo, concursos de actualidade, marcador de favoritos e buscador.
Euronews estrea aplicación para Windows Phone 8
Compartir Este Artigo

