Unha das aplicacións meteorolóxicas máis completas e de estética máis coidadas para Windows Phone 7.5 e 8, Amazing Weather HD, ofrécese hoxe de balde, o que permite acceder á mesma sen pagar os 1,99 euros que custa habitualmente.
Esta aplicación ten unha interface rica e atractiva, con varios temas diferentes; permite rexistrar ata 3 cidades diferentes das que obter as predicións meteorolóxicas (así como empregar a posición GPS para achegar os datos da nosa localización actual); pode empregar a pantalla de desbloqueo do móbil para amosar a información meteorolóxica; nas súas baldosas activas pode amosar información seguindo numerosos formatos a elección por parte do usuario; presenta animacións climatolóxicas moi elegantes; e permite consultar información detallada das condicións meteorolóxicas actuais. Algunhas características (como as imaxes de radar) só están dispoñibles dende EE.UU.
Amazing Weather HD ofrécese de balde durante 24 horas
Compartir Este Artigo

