A Área de Innovación e Novas Canles da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) quere contribuír aos novos formatos que tanto están a proliferar entre os creadores galegos organizado o I Concurso Web Series CRTVG 2014, co que premiarán o mellor proxecto de webserie, orixinal e inédito, que teña como temática as Historias do Camiño, comprometéndose a CRTVG a mercar os dereitos de propiedade intelectual do episodio piloto do gañador para a súa comunicación pública na páxina web da CRTVG.
Os participantes deberán presentar unha sinopse argumental da webserie, o guión do episodio piloto baseado nesta temática e demais documentación establecida na bases que podemos descargar en formato PDF da páxina web da CRTVG, que poderá remitirse entre o 1 de febreiro e o 31 de marzo de 2014.
Os proxecto deberán estar compostos por 13 capítulos de entre 10 e 12 minutos de duración dentro do xénero da comedia de ficción, en galego e cun orzamento para o seu piloto que non supere os 3.000 euros.
A CRTVG organiza un concurso de webseries
Compartir Este Artigo
